Pimentos asados

Ingredentes:

-4 pimentos bermellos

-2 tomates

-3 dentes de allo

– Aceite de oliva, sal e vinagre.

No forno a temperatura media-alta asalos pementos xunto cos tomates e os dentes de allo, todo na mesma bandexa e rociados cun pouco aceite durante uns 20 minutos. Pasado este tempo, sacamos do forno e separamos os pementos, tapandoos cun pano para que suden e sexan mais fáciles de pelar… deixamolos repousar uns minutos e pelamolos , sacandolles as semillas e cortandoos en tiras.

Por outra parte, pelamos os tomates, e pasamolos pola batidora xunto cos allos, engadindo un pouco aceite, vinagre e a salsa que nos quedo na fonte.

Regamos os pementos coa salsa resultante e servimos.

A salsa pódeselle engadir un pouco de mostaza, azucre e xenxibre cando estamos a batir. Pero esta e unha opción a gusto do cazoleiro… 

 

Coello a Cervexa

conexoIngredentes:

– Coello

-Cebola

-Allo

-Tomillo

-1 Culler de fariña

-1 copa de brandi

-1 vaso de salsa de tomate

– 2 cervexas… (1 pa cociñar e outra para tomar mentras cociñamos)

-Aceite de oliva

Preparación:

Picamos a cebola e o allo de doramolos nun pouco aceite. Salpimentamos o coello e dorámolo un pouco coa cebola. Engadimos o tomillo e a fariña e rehogamos un pouco mais. Engadimos o Brandi e flambeamos. Ppasamos a unha ola rápida, engadimos o tomate e a cervexa. cerramos a ola e deixamos cociñar 10-15 min contando dende que comeza a sair vapor ou suba a válvula.

Retírase o coello, reducimos un pouco a salsa, pasamola pola batidora e servímola co coello.

Pisto Manchego

pistoftIngredientes:

-Tomates Aproximadamente 1 Kg

-1 cebola

-1 Calabacín

-1 Berenxena

-1 Pimento verde

-Sal, azucre e aceite.

Preparación:

Picamos a cebola ben e pomola a pochar en aceite de oliva a fogo medio. Picamos os pementos e engadimolos, facemolo mesmo co calabacín e coa berenxena. Salamos e seguimos pochando…

Nun bol picamos os tomates e engadimolos a sartén cando as verduras esten ben pochadas, comprobamos o sal, remexemos ben e servimos. Podese servir só ou con un hovo frito ecncima. (Ou como nos pida a imaxinación)

Lasaña con pan de molde

image

ingredentes:
-Pan de molde
-Queixo en láminas
-Xamón cocido
-Salsa de tomate
-Nata de cociñar mais ou menos 250grs
-Queixo para gratinar
-1 culleriña de maicena
-Sal, pimemta e noz moscada
-Manteiga para o molde

Preparación:
Primeiro prepararemos unha crema en frio, nun bol votamos a nata,a salsa de tomate, sal, pimenta, un toque de noz moscada e a maicena, batimos ben e reservamos.
Nu molde untado coa manteiga vamos poñendo, primeiro unha capa de pan de molde, unha de xamón e outra de queixo, engadimos unha capa de crema, tapamos con pan xe molde e repetimos según as capas desexadas. A última capa será de crema e cubrimos con queixo de gratinar. Precalentamolo forno a 180° e metemos 10 minutos aproximadamente.

Tortiglioni con salsa de chourizo, bacon e coñac

image

Ingredentes para 2 persoas:
-180 grs de tortiglioni
-50 grs de chourizo
-120grs de cintas de bacon
-200ml de nata líquida
-30gr de coñac
-Aceite de oliva vitxen extra
Poñemos a fervela pasta con un pouco de sal e aceite. Cortalo chourizo en liscas, por nunha sartén con aceite xunto co bacon. Deixar facer, removendo ata que o chourizo comeze a soltalo aceite. Vetter na sartén pouco ,emos da metade do coñac, remover un par de minutos e engadila nata.
Remover durante un minutoe engadilo testo do coñac, seguir removendo ata que a salsa espese.
Cando a pasta estee “al dente” escurrir  e mezclar coa salsa.

Flamenquines con pan de molde

Tanto pa un tentempie, coma entrante ou para unha merenda divertida podemos preparar este prato:

Collemos unhas rebanadas de pan de molde, aplanámolas con un IMG-20150108-WA0007rodillo, colocamos unha loncha de xamón e outra de queixo, enrollamos o conxunto, fritimolo un pouco, ata que o pan se dore. Para que solte o aceite colocámolao sobre un papel absorvente e servimos. Podese acompañar de algunha salsa a gusto

Pastel salado con pan de molde

IMG-20150108-WA0006

Colocamos nunha fonte  unha capa de pan de molde, untamos con salsa de tomate, poñemos lonchas de xamón cocido,atún, aceitunas picadas ovos cocidos picados, leituga picada e maionesa, tapamos con outra capa de pan de molde e repetimos según as capas desexadas, cubrimos con maionesa e  decoramos a gusto.

O recheo mode variar o gosto do consumidor.

Croissants recheos

IMG-20150107-WA0003

Abrense os croissants pola metade e rellenanse de xamón e queixo, atún e tomate, ou do que se nos ocorra. Cúbrese con un pouco queixo raiado e gratinamos.

Pódese facer con mini-croissants utilizando distíntos recheos e servir a modo de canapé ou con croissants grandes como alternativa o bocadillo de sempre.

Tortas americanas

Ingredentes:IMG-20150107-WA0000

  • 2 ovos
  • 2 tazas de leite
  • 2tazas de fariña
  • 2 culleriñas de levadura
  • 2 culleriñas de manteiga
  • Sal

Preparación:

Nun recipiente votamos os ovos, o leite,a fariña a levadura e un pouco de sal. Mezclamos coa batidora ata conseguir unha masa homoxenea e deixamos repousar uns minutos.

Mentras repousa quentamos a manteiga nunha sartén pequena e vamos fritindo as tortas coidando que non se queimen.

podense servir con sirope, marmelada, mel….