Biscoito de plátano (de G.F.S)

Ingredentes:IMG-20150106-WA0021

  • 3 plátanos
  • 75 grs de mantequilla
  • 150 grs de azucre
  • 200 grs de fariña con levadura
  • 1 hovo
  • unha culleriña de canela.

Preparación:

Nun bol machacamos ben os plátanos co azucre ata facer unha pasta.

A parte batimos o hovo, engadimoslle a mantequilla derretida e engadimola a mezcla anterior.

Engadimos a fariña e a canela, mezclamos ben e vertemos nun molde untado previamente con mantequilla.

Metemos no forno previamente quentado a uns 180º durante uns 20-30 minutos

Ensalada de arroz con polo e plátanos

Esta outra e unha receita sacada dos “creativos” da familia…IMG-20150106-WA0018

Ingredentes:

  • Pechuga de polo
  • Arroz
  • Un par de plátanos
  • Uvas pasas (sen semilla)
  • 1 limón

Ingredentes para a vinagreta:

  • 1 culleriña de azucre. (en breve probaremos con estevia)
  • 1 culleriña de mostaza
  • Xenxibre moido
  • Aceite de olova virxen extra
  • E como non, Vinagre

Preparación:

Cortamos o polo en tacos pequenos, salamos e regamos co zume dun limón, deixamos macerar media horiña.

Mentras IMG-20150106-WA0019tanto poñemos a cocer o arroz, procurando que quede solto. Pasámolo por auga fría e escurrimos.

Escurrimos ben o polo e fretímolo cun pouco aceite.

Nun recipente adecuado mezclamos o arroz, o polo, as uvas e o plátano cortado en taquiños.

Mezclamos todolos ingredientes da vinagreta e engadimos a salsa o arroz.

A presentación e cousa da creatividade de cada un.

Coliflor

A coliflor non e que teña un sabor marabilloso, pero pode se-lo centro de pratos moi ricos, coma os que fai a nosa cociñeira preferida, a ver se se anima ela a facer un blogue onde nos ensine as suas receitas…

image

Coliflor con xamón york… (desde Malpica para o mundo, cousas de S. a nosa cociñeira preferida)

Poñemos a cocer a coliflor en auga con un chorrico de aceite de oliba e un pouco sal, mentras tanto, nunha sartén poñemos un allo picado con unha pouca cebola e o xamón. Cando a coliflor estea cocida escurrimola e gardamos parte da auga. Cando a cebola e compaña esten pochados, engadimos a auga da coción e a nata, deixamos que espese e servimos.
A presentación  corre a cargo da imaxinación de cada un…
Ala a disfrutala, xa veremos cal e a seguinte receita que nos ofrece a cociñeira preferida…