Ensalada de arroz con polo e plátanos

Esta outra e unha receita sacada dos “creativos” da familia…IMG-20150106-WA0018

Ingredentes:

  • Pechuga de polo
  • Arroz
  • Un par de plátanos
  • Uvas pasas (sen semilla)
  • 1 limón

Ingredentes para a vinagreta:

  • 1 culleriña de azucre. (en breve probaremos con estevia)
  • 1 culleriña de mostaza
  • Xenxibre moido
  • Aceite de olova virxen extra
  • E como non, Vinagre

Preparación:

Cortamos o polo en tacos pequenos, salamos e regamos co zume dun limón, deixamos macerar media horiña.

Mentras IMG-20150106-WA0019tanto poñemos a cocer o arroz, procurando que quede solto. Pasámolo por auga fría e escurrimos.

Escurrimos ben o polo e fretímolo cun pouco aceite.

Nun recipente adecuado mezclamos o arroz, o polo, as uvas e o plátano cortado en taquiños.

Mezclamos todolos ingredientes da vinagreta e engadimos a salsa o arroz.

A presentación e cousa da creatividade de cada un.

2 thoughts on “Ensalada de arroz con polo e plátanos

Deixa unha resposta a GFS Cancelar a resposta