ingredentes:
-Pan de molde
-Queixo en láminas
-Xamón cocido
-Salsa de tomate
-Nata de cociñar mais ou menos 250grs
-Queixo para gratinar
-1 culleriña de maicena
-Sal, pimemta e noz moscada
-Manteiga para o molde
Preparación:
Primeiro prepararemos unha crema en frio, nun bol votamos a nata,a salsa de tomate, sal, pimenta, un toque de noz moscada e a maicena, batimos ben e reservamos.
Nu molde untado coa manteiga vamos poñendo, primeiro unha capa de pan de molde, unha de xamón e outra de queixo, engadimos unha capa de crema, tapamos con pan xe molde e repetimos según as capas desexadas. A última capa será de crema e cubrimos con queixo de gratinar. Precalentamolo forno a 180° e metemos 10 minutos aproximadamente.