Coello a Cervexa

conexoIngredentes:

– Coello

-Cebola

-Allo

-Tomillo

-1 Culler de fariña

-1 copa de brandi

-1 vaso de salsa de tomate

– 2 cervexas… (1 pa cociñar e outra para tomar mentras cociñamos)

-Aceite de oliva

Preparación:

Picamos a cebola e o allo de doramolos nun pouco aceite. Salpimentamos o coello e dorámolo un pouco coa cebola. Engadimos o tomillo e a fariña e rehogamos un pouco mais. Engadimos o Brandi e flambeamos. Ppasamos a unha ola rápida, engadimos o tomate e a cervexa. cerramos a ola e deixamos cociñar 10-15 min contando dende que comeza a sair vapor ou suba a válvula.

Retírase o coello, reducimos un pouco a salsa, pasamola pola batidora e servímola co coello.

Advertisement