Pimentos asados

Ingredentes:

-4 pimentos bermellos

-2 tomates

-3 dentes de allo

– Aceite de oliva, sal e vinagre.

No forno a temperatura media-alta asalos pementos xunto cos tomates e os dentes de allo, todo na mesma bandexa e rociados cun pouco aceite durante uns 20 minutos. Pasado este tempo, sacamos do forno e separamos os pementos, tapandoos cun pano para que suden e sexan mais fáciles de pelar… deixamolos repousar uns minutos e pelamolos , sacandolles as semillas e cortandoos en tiras.

Por outra parte, pelamos os tomates, e pasamolos pola batidora xunto cos allos, engadindo un pouco aceite, vinagre e a salsa que nos quedo na fonte.

Regamos os pementos coa salsa resultante e servimos.

A salsa pódeselle engadir un pouco de mostaza, azucre e xenxibre cando estamos a batir. Pero esta e unha opción a gusto do cazoleiro…