Con unha berenxena podemos preparar unha receita rica e rápida, incluso a podemos usar de prato e aforrar laba-la baixela.
Os ingredentes necesarios:
- Berenxena
- Unha cebola
- Un par de latas de atún ou unha pouca carne picada
- Uns tomatiños frescos
- Quiexo raiado
- Sal e pimenta
Comezamos por corta-la berenxena o longo, en duas partes iguais e vaciamola coa axuda dunha culler. Reservamos as duas metades vacias. Mentras tanto, picamos a carne da berenxena votamos un pouco sal e deixamola repousar para que vaia soltando a auga.
Picamos a cebola e pomola a dourar nunha sarten con algo de aceite. Cando comeze a dourar engadimos a berenxena, os tomates picados e o atún salpimentamolos e deixamolos facer uns minutos.
Rellenamos as berenxenas coa mezcla e votamoslle o queixo por encima, gratinamos e listo…
AVISO: Non son cociñeiro, mais ben cazoleiro…