Esta outra e unha receita sacada dos “creativos” da familia…
Ingredentes:
- Pechuga de polo
- Arroz
- Un par de plátanos
- Uvas pasas (sen semilla)
- 1 limón
Ingredentes para a vinagreta:
- 1 culleriña de azucre. (en breve probaremos con estevia)
- 1 culleriña de mostaza
- Xenxibre moido
- Aceite de olova virxen extra
- E como non, Vinagre
Preparación:
Cortamos o polo en tacos pequenos, salamos e regamos co zume dun limón, deixamos macerar media horiña.
Mentras tanto poñemos a cocer o arroz, procurando que quede solto. Pasámolo por auga fría e escurrimos.
Escurrimos ben o polo e fretímolo cun pouco aceite.
Nun recipente adecuado mezclamos o arroz, o polo, as uvas e o plátano cortado en taquiños.
Mezclamos todolos ingredientes da vinagreta e engadimos a salsa o arroz.
A presentación e cousa da creatividade de cada un.
Está buenísima!!!!
GústameGústame
Está buenísimo!!!
GústameGústame